O concello de Ribadavia convocará unha xunta de seguridade e seguimento da covid.

A intención é que sexa unha comisión composta por todos os grupos municipais así como de técnicos do Concello, e coa presenza puntual de representantes do SERGAS e de Policía Local, GES e Forzas de Seguridade. 


A intención desta Xunta de Seguridade e Seguimento da COVID-19 é abordar a entrada en vigor das novas medidas decretadas pola Xunta e a apertura do noso municipio despois de moito tempo pechado.

AVANTAR ACTIVIDADES


Desde o Concello de Ribadavia consideramos que debe abordarse a situación desde un punto de vista multidisciplinar e plural a través da toma de decisións conxuntas e coordinadas entre as diferentes Administracións, técnicos, sanitarios e forzas de seguridade, así como de todas as forzas políticas do Concello. 


Desde o Concello tamén facemos un chamamento á responsabilidade de manter as medidas hixiénico sanitarias, e seguir reforzando toda precaución e seguridade.

Orzamento Municipal 2021.
Por outro lado, a comezo da semana tamén se convocará Comisión especial de facenda na que o novo goberno lle presentará aos grupos da oposición o Documento de Orzamentos 2021. Desde o goberno seremos receptivos ás propostas de todos os grupos municipais.Así mesmo, desde o Concello realizaremos encontros con asociacións de Ribadavia para presentarlles a nosa proposta de Orzamento Municipal e recoller as súas propostas e necesidades. A intención é aprobar o Orzamento 2021 no Concello esta primeira semana de marzo.