O grupo socialista reclama un protocolo para garantir a accesibilidade dixital bancaria para persoas vulnerables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega pide un proceso de intermediación entre as entidades bancarias e os usuarios maiores ou con limitacións cognitivas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou unha iniciativa parlamentaria para pedirlle á Xunta un protocolo que garanta “a accesibilidade dixital bancaria para as persoas vulnerables”. Esta proposta apunta ás persoas maiores ou con limitacións cognitivas, afectadas por estas dificultades sinaladamente no contexto da pandemia.

Ortega reclama así “un plan de acción concreto que blinde os dereitos das persoas maiores e garanta as necesidades básicas da vida diaria”. Considera “urxente” que a administración autonómica “leve a cabo un proceso de intermediación entre as entidades bancarias e os usuarios máis vulnerables e afectados polas restricións e o incremento aínda maior da dixitalización das xestións cotiás neste ámbito”.

Apunta que a barreira dixital “impide que as persoas maiores poidan ter a autonomía suficiente na súa vida diaria”, limitando as “necesidades básicas de toda persoa, como son o acceso ás xestión básicas que se precisan para autoxestionar a propia economía, normalmente relacionada cos procesos e xestións bancarias”. Explica “o proceso de dixitalización da propia sociedade vai moi rápido para permitir o correcto proceso de transición e adaptación a estes cambios”.

A responsable socialista reclámalle á Xunta que “teña en conta esta situación para facilitar o proceso de mediación entre as entidades bancarias e os usuarios máis vulnerables, neste caso os maiores”. Reclama “colaborar de xeito coordinado para facilitar ás persoas maiores, con limitacións cognitivas ou discapacidade a accesibilidade cognitiva que precisan para poder adaptarse ao avance dixital na pandemia do coronavirus.