A Deputación vén de aprobar unha declaración institucional en contra do peche do Centro de Control de Conca (COC)

A Deputación de Ourense vén de aprobar unha declaración institucional en contra do peche do Centro de Control de Conca (COC), que a empresa enerxética Iberdrola ten na localidade da Rúa, logo dunha iniciativa do PSdeG-PSOE. O texto aprobado hai uns minutos, co apoio de todos os grupos políticos da corporación provincial, foi impulsado polos socialistas a pasada semana e debatido previamente en xunta de voceiros, onde se acadou un acordo para que a institución amose desta forma o seu rexeitamento á decisión de trasladar parte da súa actividade fóra de Galicia.

Desde o PSdeG-PSOE ourensán amosan a súa “plena satisfacción” polo “acordo” acadado entre todos os partidos políticos da institución, co fin primordial de “defender os intereses económicos e sociais de Ourense e, sobre todo, de todos os veciños e veciñas”.

AVANTAR ACTIVIDADES