César Fernández celebra a primeira reunión como vicepresidente co alcalde de Carballeda de Avia

Reunión Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense) con Luís Milia Méndez (Alcalde do Concello de Carballeda de Avia).

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández Gil, celebrou hoxe a súa primeira reunión cun alcalde da comarca do Ribeiro desde a toma de posesión do seu cargo. No Pazo Provincial recibiu ao alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, iniciando así a súa axenda de traballo como responsable dos asuntos de cooperación da institución provincial cos concellos da comarca do Ribeiro. Na xuntanza, César Fernández recolleu as cuestións formuladas polo rexedor de Carballeda de Avia, encontro que ao longo das próximas semanas manterá tamén con máis rexedores do Ribeiro.