A Policía autonómica tramitou na fin de semana 140 denuncias nos controis ante a covid-19

 Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 86 dispositivos en 34 concellos galegos nos que foron tramitadas 140 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 223 persoas identificadas.

Entre o 26 e o 28 de febreiro, os axentes realizaron na provincia da Coruña 24 dispositivos nos concellos de Ames, A Coruña, O Pino e Santiago de Compostela, cun total de 111 denuncias e 91 identificacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na provincia de Lugo tramitáronse 20 denuncias e identificáronse 65 persoas en 14 dispositivos levados a cabo nos concellos de Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei e Sarria.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 19 dispositivos que deron como resultado un total de 30 identificacións e 7 denuncias en Amoeiro, Leiro, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Vilamarín e Xunqueira de Ambía.

E na provincia de Pontevedra, nos 29 dispositivos realizados en Baiona, Cuntis, A Estrada, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Vigo e Vilaboa rexistráronse 2 denuncias e identificouse a 37 persoas. 

Controis ao longo da última semana

Na semana do 22 ao 28 de febreiro, os axentes da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 324 dispositivos en 81 concellos galegos nos que foron tramitadas 202 denuncias, ademais de identificar a 807 persoas.

Na provincia da Coruña foron 84 dispositivos nos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Boiro, A Coruña, Dodro, Dumbría, Ordes, Padrón, O Pino, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Vimianzo e Zas.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Lugo, realizáronse 33 dispositivos nos concellos de Barreiros, Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Sarria e Vilalba.

Na provincia de Ourense leváronse a cabo 90 dispositivos cun total de 27 denuncias e 255 identificacións nos concellos de Allariz, Amoedo, Bande, Carballeda de Avia, O Carballiño, Celanova, Coles, Laza, Leiro, Lobios, Oímbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ribadavia, Sandías, Taboadela, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Polo que respecta á provincia de Pontevedra, realizáronse 117 dispositivos nos concellos de Arbo, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, A Estrada, O Grove, A Guarda, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa. O operativo saldouse con 10 denuncias e 354 identificacións.  

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.