Cea baixa os casos activos de Covid-19 a sete persoas e o Carballiño rexistraba onte un novo brote

GALICIA PRESENTA UNHA XORNADA CON MÁIS ALTAS CA CONTAXIOS, O QUE NO BALCE GLOBAL AMOSA 14 CASOS ACTIVOS MENOS

Publicidade

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 deles 1.407 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 473 da de Ourense, 402 da de Pontevedra, 348 da área de Vigo, 658 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 184 en unidades de hospitalización e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas, rexistrándose 672 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 78 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro e presentaba patoloxías previas.

OURENSE

A Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai activos a día de hoxe 473 (11+) casos positivos. Do total desta cifra, 33 están ingresados en planta, 5 pacientes nas UCI e 440 a seguimento a domicilio.

CARBALLIÑO SUMABA ONTE UN NOVO BROTE FAMILIAR DE TRES PERSOAS E DESCENDEN EN CATRO PERSOAS OS CASOS ACTIVOS NO CONCELLO DE CEA

Na tarde de onte rexistrouse un novo gromo familiar no concello do Carballiño que afecta a tres persoas: unha muller de 22 anos e dous homes de 57 e de 33 anos.

Ademáis, o concello de San Cristovo de Cea informaba onte de que os casos activos por Covid-19 diminuiron dos 11 ós 7, rexistrando 4 altas. Todos os que seguen sendo positivos permanecen en aillamento domiciliario. Os contactos deron todos negativo na primeira proba.

A día de hoxe, no servizo de atención primaria do Carballiño hai tres brotes activos: o orixinado cunha adolescente, un procedente dun brote máis grande en Ourense, o orixinado nunha cea de compañeiros hai dúas semanas e o de San Cristovo de Cea. Ademais hai casos illados que non teñen relación con ningún destes brotes.

O RIBEIRO

O gromo detectado en Avión ascende a 11 casos cun contaxio mais dun home de 64 anos.

Dende o venres, son 4 os casos positivos empadroados en Melón e 2 casos relacionados non empadroados neste concello. O concello informa que dúas persoas xa deron negativo na proba PCR.

O concello de Carballeda de Avia publicou unha nota informativa o pasado venres e notificou dous casos de coronavirus de persoas residentes no concello, que tiveron contacto con casos positivos de Ourense e Pontevedra.