O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a Sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

IES CHAMOSO LAMAS

Gabriel Alén aludiu ao prestixio dos viños desta DO, que se reflicte no seu recoñecemento na Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2021 recollendo máis de 120 referencias valdeorresas

Subliñou que en Ourense están catro da cinco DO de Galicia, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, o que fala da importancia estratéxica deste sector

HIPER MASIDE

Dende a Xunta –significou o delegado territorial– “temos clara a aposta decidida por todo o sector produtivo do viño, pois ademais de valorizar o rural estamos a asentar poboación e crear riqueza con produtos de altísima calidade

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, onde foi recibido polo seu presidente, José Luís García, e parte dos vocais do equipo directivo.

Tras un encontro de traballo cos representantes do Consello Regulador, no que expuxeron as demandas e necesidades do sector, o delegado territorial fixo un percorrido polas instalacións sinalando “a magnífica calidade destes viños, que se reflicte no seu permanente recoñecemento”. “Proba deu prestixio -continuou o representante do Goberno galego-, foi a presenza na Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2021 que distinguiu con ‘Gran Oro’, o máximo galardón da publicación, un total de 21 referencias valdeorresas; co selo de ‘Oro’ cualificáronse 80 viños e co de ‘Plata’ un total de 40”.

O delegado tamén felicitou a esta DO polos galardóns acadados nos premios das últimas Catas de Galicia dos viños de 2020, uns recoñecementos da Xunta aos mellores caldos do ano. Por isto, aproveitou para felicitar ao vencedor do Acio de Ouro dentro dos viños brancos, que foi o viño “O luar do Sil” da bodega Pago de los Capellanes, e o Acio de Ouro ao mellor tinto recaeu en “Alan de Val”, da SAT Alan.

Gabriel Alén subliñou tamén que a reputación dos caldos desta comarca non é un feito illado, pois o crédito e o renome dos viños das outras denominacións de orixe da provincia é semellante aos de Valdeorras. Matizou ademais que “en Ourense están catro da cinco DO de Galicia, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, o que fala da importancia estratéxica deste sector”. “Dende a Xunta de Galicia –significou o delegado territorial- temos clara a aposta decidida por todo o sector produtivo do viño, pois ademais de valorizar o rural estamos a asentar poboación e a crear riqueza con produtos de altísima calidade, recoñecidos e demandados internacionalmente”.

Na xuntanza, o delegado lembrou que a Xunta vén de resolver recentemente as axudas concedidas en 2020 ao abeiro de tres convocatorias destinadas a fomentar a calidade alimentaria entre os consellos reguladores, entre eles o de Valdeorras que hoxe visita, e as asociacións de produtores. En total, explicou, outorgáronse algo máis de catro millóns de euros a unha trintena de entidades.
A maiores, Gabriel Alén enxalzou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia que está a elaborar a Xunta cun investimento de 748.000 euros a prol do sector vitivinícola galego e dos territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, entre elas a de Valdeorras, e das catro indicacións xeográficas protexidas (Val do Miño, Betanzos, Barbanza e Iria, Ribeira do Morrazo).

Así, o delegado reiterou que a finalidade desta estratexia é lograr un desenvolvemento territorial integrado, coordinado e consensuado que conte coa participación de todos os axentes clave do territorio. Ao tempo, a estratexia persegue mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto de produtos turísticos vinculados ao sector vitivinícola. En relación con estes últimos, trátase sobre todo de desenvolver produtos turísticos dirixidos a segmentos xeradores de valor engadido nos espazos rurais, que á súa vez redunde nun fortalecemento das economías locais.

Historia

A tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Ao amparo dun microclima mediterráneo-oceánico, os romanos plantaron viñedos e construíron lagares. Deron así orixe a unha cultura, hoxe secular, na atención da viña e na elaboración de exquisitos caldos, aos que mesmo cantaron os peregrinos do Camiño a Santiago.

Desde aquela época, o esforzo de viticultores e elaboradores foi dando os seus froitos ata conseguir que no ano 1945 se recoñeces a Denominación de Orixe Valdeorras por Orde Ministerial. A Entidade naceu coa vocación de traballar na recuperación de variedades autóctonas como o Godello e o Mencía, sendo as súas liñas fundamentais de actuación as de apostar pola calidade, impulsar o control, facilitar a promoción e buscar novos camiños de expansión e comercialización.

Actualmente, o labor vinícola e o complexo mundo ao seu redor organízase a través do Consello Regulador, órgano que rexe os destinos da Denominación de Orixe, abarcando as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín.

As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei. Nelas, o clima é máis seco que no resto de Galicia, mesturándose a influencia atlántica con trazos da continental. A temperatura media é duns 11º C e o índice de choivas oscila entre os 850 e os 1.000 mm. anuais.