A Feira do Viño do Ribeiro convoca o concurso de carteis para publicitar a súa 62ª edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, integrada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a que será “62ª Feira do Viño do Ribeiro”, que se celebrará do 1 ao 4 de maio de 2025. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovementoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar deseñadores e artistas profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 21 de xaneiro de 2025. Con todas as obras presentadas farase unha preselección polo público nunha exposición no local social da Madalena, en Ribadavia, que poderá votar na dende o 27 de xaneiro ata o 9 de febreiro. Desta quenda sairá unha mostra de 20 obras para a final. A selección do gañador do concurso farase na terceira semana de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.