Ribadavia presenta hoxe 4 casos activos, un máis ca na xornada de onte. Leiro mantén hoxe tres contaxiados, tras subir un caso nesta fin de semana. Cortegada e Avión presentan dous casos cada un deles, manténdose estables. Arnoia, Beade e Cenlle manteñen un caso activo cada unha delas. Melón, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño mantéñense libres de coronavirus.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------