O Psdeg-Psoe de a Veiga solicítalle ao goberno municipal do PP que presente as alegacións “oportunas” para evitar a construción do parque eólico de Prada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas explican que están a favor das enerxías renovables, “pero nos lugares axeitados”, e consideran que a Serra do Eixe “non é un lugar idóneo para a construción destes eólicos”

O voceiro do PSdeG en A Veiga, Fernando Fernández, manifesta que “eu quero as enerxías renovables, pero que sexan compatibles coa conservación da biodiversidade do noso municipio”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de A Veiga solicitará no vindeiro pleno municipal, a través dun rogo o alcalde do Partido Popular, Juan Anta, que presente en nome da institución municipal as alegacións que “considere oportunas” para evitar a construción do parque eólico de Prada. Os socialistas afirman que o rexedor “pode contar con todo o noso apoio neste senso e agardemos que se poña a carón da veciñanza e da natureza e en contra do maltrato ao medio ambiente”.

A empresa Desenvolvementos Renovables Iberia Gamma S.L, do grupo  Statkraft, compañía Estatal Noruega, pero con sede en Madrid, presentou no Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico un proxecto para a construción dun parque eólico de 31 aeroxeradores de última xeración, de 120,90  m de altura e 158  m de diámetro do  rotor, denominado parque eólico Prada, expediente que se atopa en estado de tramitación de avaliación ambiental. Un proxecto que tal e como afirman os socialistas “afecta moito o noso concello”.

Dende o Grupo Municipal Socialista lembran que “é a cuarta ocasión na que pretenden instalar este tipo de produción de enerxía no nosos montes”. A primeira remóntase a 2001 e a ela seguíronlle dous novos intentos en 2005 e 2008, pero ningún destes proxectos obtivo os permisos correspondentes e non se executaron debido, principalmente, a mobilización social e porque o Concello de A Veiga considerou no seu momento que eran máis os prexuízos que os beneficios.

O voceiro do PSdeG-PSOE en A Veiga, Fernando Fernández Yáñez, aproveitará o pleno para lembrarlle ao rexedor a súa postura “totalmente en contra deste macro proxecto de gran impacto negativo para a natureza”. Segundo explica Fernández a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, na orde do 3 de abril de 1991 define á Serra do Eixe, Pico Maluro, no macizo de Pena Trevinca como “espazo natural protexido”.

O voceiro socialistas explica que a súa postura “é favorable as enerxías renovables tanto fotovoltaicas como hidráulicas, eólicas, ou solares, pero nos lugares axeitados e a Serra do Eixe neste caso non é o sitio idóneo para a construción dun parque eólico”. Fernández manifesta tamén que “eu quero as enerxías renovables, pero que sexan compatibles coa biodiversidade” e lémbralle ao rexedor que o Concello “xa produce enerxía limpa no encoro de Prada, cumprindo deste xeito coa protección medio ambiental”.

Fernando Fernández aproveitará este torno de rogo para facer un relatorio de todo o acontecido nos últimos anos no municipio en relación aos eólicos e pedir que o grupo municipal tome posición de lado da veciñanza “e non de intereses partidistas de empresas foráneas”.