A Xunta decidiu conceder esta moratoria ca finalidade de que os hostaleiros poidan adaptarse á nova normativa e lles permita compatibilizar a actividade do sector cas normas sanitarias. A prórroga estará en vigor ata o venres 12 de marzo ás 00:00 horas. Ademais do QR para o rexistro de clientes, os carteis ca información de aforo e a colocación de todas as mesas inhabilitando as que se corresponden ca capacidade do 30 e 50% permitidos, os locais deben respectar as horas de apertura e peche, a distancia de seguridade, o uso de máscara e todas as demais medidas do Plan de Hostalaría Segura.

Máxima seguridade nos accesos ós locais, máximo seguimento e máximo control das medidas vixentes. Estes serán os piares do Plan de Hostalaría Segura. A Xunta de Galicia propuxo a creación dunha web, Turespazo,  na que se reúne toda a información para os locais, así como a xeración dun código QR personalizado. A plataforma ofrece os carteis informativos que os locais están obrigados a colocar, como o que indica o aforo permitido.

No caso do código QR, cada propietario deberá xerar os eu código, que o usuario poderá escanear a través da aplicación PassCovid, rexistrando así a súa visita, polo momento de xeito opcional. A opinión dos usuarios amosa unha de cal e outra de area. Consideran que é unha boa opción, pero que ten o inconvinte de que so está obrigado o establecemento a ter este sistema, pero para o usuario é opcional o rexistro. Por este motivo, o seu obxectivo pode perderse no camiño.