As persoas entre os 50 e 55 anos serán chamadas para vacinarse a comezos da próxima semana

IES CHAMOSO LAMAS

A campaña de vacinación avanza a bo ritmo na comunidade galega, sendo xa a terceira a nivel nacional con máis doses administradas. A próxima semana será a quenda das persoas de entre 50 e 55 anos. Este colectivo poderá ser inmunizado grazas a que esta semana espérase a chegada de 30.000 doses da vacina de Astrazéneca. As citacións comezarán a chegar entre o próximo luns e martes, aínda que a data de vacinación depende da chegada das doses. Na provincia de Ourense, este colectivo conta con 27.243 persoas. Mentres, a vacinación segue cos maiores de 80 anos e cos colectivos esenciais (policías, bombeiros ou funcionarios de prisións entre outros).

PREVISIÓN DE SEMANA SANTA

HIPER MASIDE

A Comisión de Saúde Pública aprobou onte un plan con diferentes medidas para a Semana Santa. Galicia está a favor non celebrar eventos que impliquen aglomeracións, en manter o peche perimetral da comunidade e o toque de queda dende as 22:00 horas ata as 06:00 horas. Estas medidas prevese que estean en activo dúas semanas, dende finais de marzo ata o 9 de abril.

O presidente da Xunta abstívose en varios puntos. Non está a favor de baixar o nivel de alerta dende as dúas semanas previas ó inicio de Semana Santa aínda que os indicadores sexan favorables. E no caso dos estudantes, que considera que pódese ser flexible e permitirlles o regreso a casa.  

PUBLICIDADE