La Confederación Miño-Sil otorga una subvención de 50.000€ a la fundación Aquae Querquennae

É a única subvención nominativa destinada a investimento recollido no orzamento do Organismo de conca para o ano 2021. A través da mesma, a Fundación executará parte dos traballos incluídos na campaña de escavacións que cada ano leva a cabo para continuar descubrindo os restos arqueolóxicos situado no pantano de As Cunchas, río Limia, no concello de Bande. “A través deste investimento, o Estado contribúe a apoiar a recuperación do valioso patrimonio cultural, arqueolóxico e natural, situado no propio encoro, así como para efectuar o control de que as actuacións executadas cumpran coa normativa de Augas” anunciou hoxe, José Antonio Quiroga, Presidente da CHMS, durante a reunión virtual do Padroado da citada Fundación.