O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense comprométense á reforma e ampliación do Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, no seu despacho de San Caetano. Santiago de Compostela, 28/10/2020.

En reunións mantidas co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos

  • Unha actuación integral e sostible, que prevé a valorización dos recursos potenciais da contorna do Parque Náutico e na que se engloba o agrandamento da nave que garda as embarcacións, a mellora de estradas, o arranxo dos parques e xardíns e a renovación das instalacións deportivas e piscinas municipais
  • O presidente da Xunta tamén se involucrou na renovación da pista de remo, para que sexa un referente a nivel nacional e internacional, e así, poder celebrar no ano 22 a Coupe de la Jeunesse
  • O alcalde de Castrelo de Miño, subliñou que <<soamente teremos futuro si cremos nas nosas potencialidades e para iso necesitamos representantes públicos sensibles, dispostos e á nosa beira; un exemplo claro son os nosos presidentes Feijóo e Baltar>>

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos,  reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para expoñerlle as liñas mestras do seu programa de goberno. Por outra banda, mantivo unha xuntanza con Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante case que hora e media, Pazos, expúxolle ao presidente do executivo galego as necesidades  prioritarias do concello, ás que o titular da Xunta se amosou en todo momento receptivo, comprometéndose ao  confinanciamento, xunto coa Deputación de Ourense, da reforma e ampliación do Parque Náutico de Galicia. Unha actuación integral e sostible, que prevé a valorización dos recursos potenciais da contorna do Parque Náutico e na que se engloba o agrandamento da nave que garda as embarcacións, a mellora de estradas, o arranxo dos parques e xardíns e a renovación das instalacións deportivas e piscinas municipais.

Pola outra banda, o alcalde tamén se reuniu co Presidente da Deputación de Ourense, que amosou a súa dispoñibilidade de cofinanciar a reforma e ampliación do Parque Náutico de Galicia xunto coa Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta tamén se involucrou na renovación da pista de remo, para que sexa un referente a nivel nacional e internacional, e así, establecer unha programación deportiva permanente durante todo o ano, onde os equipos punteiros compitan ou adestren.

Esta renovación da pista permitiría a celebración no ano 22 da Coupe de la Jeunesse; unha competición de remo internacional que se celebra anualmente, con categoría de campionato de Europa, entre os atletas máis novos, masculinos e femininos, con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos. Foi creada en 1985 e participan países como Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Suíza e España. O alcalde sinalou que <<atender esta demanda suporá para Castrelo de Miño, Ourense e Galicia un fito de atracción turística de moitísimo calado polos milleiros de persoas que nos visitarán e coñecerán de primeira man o extraordinario patrimonio natural co que contamos. Si sabemos explotalo de xeito sostible, teremos gañado o noso futuro e os dos nosos fillos xa que estaremos asentado poboación e freando a caída demográfica; os nosos xoves, si teñen porvir na terra que os viu nacer, nela desenvolverán a súa vida >>.

Avelino Pazos amosou a súa satisfacción, pola atención e predisposición do presidente do goberno galego ás necesidades dos concellos do rural, que xeralmente son os que dispoñen de menos recursos para atender os apremos dunha poboación cada vez máis envellecida. O alcalde de Castrelo de Miño, subliñou que <<soamente teremos futuro si cremos nas nosas potencialidades e para iso necesitamos representantes públicos sensibles, dispostos e á nosa beira; un exemplo claro son os nosos presidentes Feijóo e Baltar>>

Baltar, tamén se comprometeu á contribución cunha partida para unha novidosa actuación en infraestrutura turística na contorna da vella ponte de ferro sobre o río Miño, que era o antigo acceso por estrada a Castrelo de Miño.