O PSOE de Leiro pide o arranxo das estradas OU-306 e OU-307

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas demandan, unha vez máis, tanto o Concello de Leiro como a Deputación de Ourense o arranxo inmediato e definitivo das estradas provinciais tanto a OU-307 (Leiro-Berán) e por suposto a OU-0306 (Leiro – Pena Corneira). O PSOE recórdalle ó goberno local que debe preocuparse pola correcta conservación de todas as vías do seu territorio, incluso das que non son da súa titularidade e aseguran que non o esta a facer. O PSOE afirma que nos últimos días fixo unha visita por estas estradas para confirmar o estado no que se atopan, e recalca o seu portavoz, Manuel Rodríguez, que supón un perigo para a circulación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO