Baixan os casos activos por covid no Carballiño. Só quedan 6 . Manteñense os 13 de Boborás

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 21

No Carballiño, hoxe os datos estan en 6 contaxios ( 2 menos ca onte ) . Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

FESTAS EN RIBADAVIA

Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante. Hoxe os datos son iguales ca onte, establecéndose nos 13 positivos. Maside mantén dous casos activos dende esta fin de semana. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE