Espazo Común afirma que o material dunha obra contratada por Fumega aparece no lugar semanas antes da súa adxudicación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Espazo Común  vai pedir toda a información sobre a obra de construcción dun muro en Vilar de Veiga adxudicada por 32.000 €.

A formación asegura que levan tempo observando con certa preocupación o sistema de adxudicación de obras e proxectos do Concello do Carballiño. En numerosas ocasións chamaron a atención sobre a contratación de empresas de fora.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Agora afirman que dende hai meses, os veciños do lugar de Vilar de Veiga viñan advertindo ao Concello do afundimento da estrada principal de acceso ao pobo e da necesidade dun muro de contención que evitara que a situación empeorara aínda máis. A través dunha petición de Espazo Común, o concello comezou o proceso e aseguran que dende o 31 de xaneiro a pedra desa obra está depositada nese lugar.

A formación critica que ata o 1 de febreiro non se sacou a oferta pública da obra e ata o 19 de febreiro se adxudicou a obra por 32.000 euros. A formación pide explicacións de como a empresa sabía que se lles concedería a obra antes de que se publicase o proceso de adxudicación. Por este motivo, pedirán ter acceso ó expediente.

NOTA INTEGRA DE ESPAZO COMÚN ( Premer na Imaxe )

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------