Galicia rebaixa a presión dos hospitais ata as 77 persoas en unidades de críticos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 116 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.422. A presión asistencial mantense estable. Hoxe hai 77 (-2) persoas na UCI, e 292 (-27) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras volve a estabilidade e o descenso de casos. Hoxe hai 2 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte ata os 219 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 23 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE