Ribadavia baixa ata os seis casos activos de covid-19 e Leiro ata os cinco contaxiados

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, con 6 casos activos, baixando un caso activo con respecto a onte. Na xornada de onte, a detección dun positivo nun traballador do concello obrigou a pechar as instalacións para a súa desinfección. Leiro baixa os datos, dos seis casos de onte ós cinco de hoxe, unhas cifras que valorará o comité clínico por se correspondese que este concello tivese medidas mais severas. Carballeda de Avia mantén dous casos activos. Arnoia e Cortegada manteñen un caso activo cada un. Avión, Beade, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES