Declarada de utilidade pública a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas

IES CHAMOSO LAMAS

Publicado hoxe no BOP:

ORDE do 8 de xullo de 2022 pola que se declara de utilidade pública a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas

OZOCOgz Deseño Galego

A Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, recoñece
a importancia do fenómeno asociativo coma instrumento de integración, participación e
representación dos lexítimos intereses dos cidadáns, e con este obxecto contempla unha
serie de medidas para facilitar o desenvolvemento das asociacións. Entre estas medidas
de fomento recóllese a posibilidade de que as entidades asociativas sen fins de lucro poidan ser declaradas de utilidade pública.

En concreto, o artigo 32 da citada Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, sinala que, por
iniciativa das correspondentes asociacións, poderán ser declaradas de utilidade pública
aquelas nas que concorran determinados requisitos que, en esencia, consisten en que os
fins estatutarios promovan o interese xeral, que a súa actividade non beneficie exclusivamente aos asociados, que os membros dos órganos de representación que perciban retribucións, non o fagan con cargo a fondos ou subvencións públicas, que conten con medios persoais e materiais axeitados e cunha organización idónea para o cumprimento dos seus fins estatutarios e, finalmente, que se atopen constituídas, inscritas no Rexistro, en funcionamento e dando cumprimento efectivo aos seus fins estatutarios durante os dous anos inmediatamente anteriores á presentación da solicitude.
No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 157/2008, do 10 de xullo,
sobre a asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade
Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de
declaración de utilidade pública de asociacións e aplicación dos beneficios fiscais, e sobre
a súa asignación á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (actual
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), establece que para resolver o procedemento de declaración de utilidade pública será competente a persoa titular da citada consellería, logo da instrución do procedemento polo órgano que resulte habilitado por razón do rexistro no que estea inscrita a asociación solicitante.

En aplicación desta normativa, e previa solicitude de declaración de utilidade pública
pola entidade interesada, a Xefatura Territorial de Ourense instruíu o correspondente procedemento administrativo, seguindo as prescricións contidas no Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública.
Constan, no dito expediente, a memoria económica e de actividades, e demais documentos de obrigada achega pola asociación interesada, así como os informes dos departamentos e organismos competentes e, sinaladamente, o preceptivo informe favorable do Ministerio de Facenda.
Logo do exame da normativa aplicable e da documentación que figura no expediente,
ponse de manifesto que a entidade solicitante reúne os requisitos necesarios para obter a
declaración de utilidade pública.
Na súa virtude, e ao abeiro das facultades previstas no Decreto 157/2008, do 10 de
xullo,

RESOLVO:

Declarar de utilidade pública á Asociación Cultural – Ecolóxica Ridimoas, inscrita Provincial de Asociacións de Ourense co número 1988-631-1ª.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con carácter previo, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou esta orde, no prazo dun mes, segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes