O concello de Ribadavia e ADIF acordan melloras na Ponte de Ferro

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o portavoz do goberno, Brais Fidalgo, mantiveron un encontro co subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste de ADIF –Administrador de Infraestructuras Ferroviarias–, Julio Sánchez, a que o goberno local planteou unha serie de propostas e melloras na rede ferroviaria que atravesa o noso Municipio.

Desde ADIF comprometeronse a abordar un proxecto de mellora da Ponte de Ferro e a facelo realidade o antes posible, no prazo de un ano máximo. Entre os acordos ós que se chegaron están os seguintes:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Mellora da Ponte de ferro sobre o río Avia, que atravesa o centro histórico de Ribadavia. Unha fermosa ponte de estilo Eiffel que necesita dunha intervención de mellora, limpeza e restauración.
  • Mellora das medidas de seguridade e mellora de valados ao seu paso polos núcleos de poboación, que debe ser integrado ao seu paso polos núcleos históricos.
  • Mellora de mantemento e limpeza das marxes das vías ferroviarias.

Tamén visitaron a estación de tren de Ribadavia, onde abordaron as melloras que necesita esta instalación. Existe un compromiso por parte de ADIF de proceder a realizar unha mellora importante na estación , sendo realizada nun prazo de non máis de 3 anos. Outra das peticións que se fixeron foi a recuperación de persoal e de máis horarios de servizo.

Desde o Concello en varias ocasións contactaron con ADIF para interesarnos por un posible proxecto de Albergue na Estación de tren, tal e como tiña anunciado o anterior goberno do PP, e a resposta desde ADIF é que non lle consta nada ao respecto.

PUBLICIDADE