O Grupo de Teatro Tiruleque cumpre 36 anos da súa fundación

O Grupo de Teatro Tiruleque comezaba a súa andadura de xeito oficial o 5 de marzo de 1985, con preto dunha trintena de persoas formando o seu elenco. Hoxe, o seu presidente, Pepe Prada, un dos que aínda permanece no grupo dende a súa fundación, falaranos no noso espazo de entrevistas Acotío, de como foron os seus inicios e de como evolucionou o grupo ó longo dos anos. Fará un repaso das obras do seu inicio e dalgunhas anecdotas destacadas.

Publicidade

Dende o pasado 8 de febreiro, o grupo de teatro abriu o prazo de solicitude para a presentación de obras da 14ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado Amador, que se celebrará en outubro e novembro. O prazo estará aberto ata o 1 de xuño. Ata o día de hoxe, xa se presentaron dúas obras, que para a situación de incertidume e inestabilidade, son unha sorte.

PUBLICIDADE