A Fundación Laboral da Construción e o Concello do Carballiño están a programar a impartición do curso de nivel básico de Prevención en Construción cunha duración de 60 hrs. e o específico en P.R.L. para traballos de Albanelería, cunha duración de 6 hrs.
Estas accións formativas serán de carácter gratuito, contarán con 28 prazas e realizaranse de forma presencial nas instalacións municipais. A previsión do comezo do curso é para mediados do mes de Abril. Os/as interesados/as en participar deberán inscribirse presencialmente no Departamento de Orientación Laboral do Concello ou no seguinte teléfono: 662920641 ata o 31 de Marzo.
PUBLICIDADE

