O Bar Lérida entrega un premio da Lotería Nacional de 12.000 euros

Hoxe o Carballiño está de sorte. Unha vez máis, o Bar Lérida, con numerosos premios ás súas costas, recibiu a boa nova de que un dos seus clientes fora o gañador de 12.000 euros de premio no sorteo da Lotería Nacional.

Este local hostaleiro xa é un experto en repartir sorte. Na pasada Lotería de Nadal, entregaron un 5º premio valorado en 6.000 euros o décimo. En outubro de 2019, O Bar Lérida era noticia pero por un premio aínda maior. Fixeron o mellor regalo e o soño de calquera: entregar o premio do Euromillón.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE