A Deputación celebrará mañá o seu primeiro pleno con intérprete de linguaxe de signos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O goberno provincial cumpre co acordo plenario e, grazas á cooperación da Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU), rompe unha barreira de comunicación na loita pola igualdade das persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva 

O presidente de APSOU, Martín Luis Becerra, destaca a importancia da medida para mellorar a “participación social destas persoas” 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pleno ordinario que a Deputación de Ourense celebrará mañá venres será o primeiro nos seus douscentos anos de historia que conte cun intérprete de linguaxe de signos. O goberno provincial cumpre co aprobado en pleno e, grazas á cooperación coa Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU), rompe unha barreira de comunicación na loita pola igualdade das persoas xordas, xordocegas ou con algunha discapacidade auditiva.  

Martín Luis Becerra, presidente de APSOU, indica que se trata dunha medida importante en materia de igualdade de oportunidades: “Este acordo permitirá ás persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva exercer o seu dereito a seguir o desenvolvemento dos plenos”.  Para Becerra, o principal obxectivo que se persegue é fortalecer un marco legal que permita “lograr a participación social destas persoas”, potenciando e dando continuidade aos servizos de intérpretes de lingua de signos en todos os ámbitos da vida cotiá. 

O labor do intérprete desde o Pazo Provincial poderá seguirse en directo desde a web da Deputación de Ourense, unha institución que está en contacto permanente con asociacións coma APSOU para desenvolver medidas específicas enfocadas a mellorar a calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.