O BNG alerta do peche da oficia do Banco Santander en Ribadavia

Publicidade ASPADISI

O proceso de concentración e centralización bancaria provocou ou a perda nos últimos dez anos de entidades como Caixa Galicia, Banco Pastor, Banco de Galicia ou Banco Gallego, todas elas con oficinas en Ribadavia. Padecemos os seus efectos en forma de destrución de emprego, exclusión de amplos sectores da poboación do acceso a servizos financeiros básicos e acentuación das dificultades de acceso ao crédito para o financiamento da nosa economía.

Esta situación, lonxe de corrixirse, vese agravada con novos procesos en curso, como o ERE no Banco Santander, que xa está provocando destrución de emprego, redución do número de oficinas -polas duplicidades- e marxinación, sobre todo do rural.

HIPER MASIDE

Neste contexto, o BNG afirma que se soubo que a oficina do Banco Santander de Ribadavia vai ser pechada neste mes de marzo, agravando os prexuízos xa expostos que se lle causan ás veciñas e veciños do noso concello.

Por estes motivos propoñen ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes

1.- Expresar o apoio da Corporación Municipal ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego.

2.-Instar a Xunta de Galiza a desenvolver, no seu ámbito de competencia,  as actuacións necesarias para evitar a deslocalización  de servizos e a perda de postos de traballo no sector da banca en Galiza.

3.- Instar o Goberno Central a impulsar, no exercicio das súas competencias, unha regulación do sector bancario que evite os perigos da concentración e centralización, atenda as necesidades de financiamento da economía produtiva e asegure o acceso da cidadanía a servizos financeiros básicos.

4.- Trasladar este acordo a dirección do Banco Santander para que reconsidere a súa decisión e manteña o servizo á súa clientela.      

PUBLICIDADE