A Xunta acondicionará a estrada autonómica OU-212, compartida entre Beariz e Avión

IES CHAMOSO LAMAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto do Couso.

O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000 euros. O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto.

HIPER MASIDE

Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada, comprendido entre Beariz, no punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Alto do Couso, no quilómetro 12+320. Trátase dunha estrada compartida entre os concellos de Beariz e Avión; a este último concello perténcenlle 5,5 kilómetros e a Beariz 1,5 kilómetros. O alcalde de Avión, Antonio Montero, recalca que esta actuación é unha vella reclamación emitida polo seu concello.

A redacción do proxecto tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.

Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío do Couso e Avión, no punto quilométrico 20+540.

O Goberno galego continúa traballando pola mellora das estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria

PUBLICIDADE