Os escolares do Carballiño reciben un exemplar do libro “El cisne de Vilamorta”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 12 de maio cúmprense cen anos da morte de Emilia Pardo Bazán, vencellada a finais do século XIX co Carballiño, debido ao seu matrimonio con José Quiroga, natural de Banga.

Dende o concello, o Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Centro de Estudos Carballiñeses, considérase de sumo interese poñer en valor esta ligazón.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre as actividades que se levan a cabo, elaborouse unha reedición de “El cisne de Vilamorta” que xa se está distribuíndo entre o alumnado de bacharelato dos institutos do Carballiño ademais dun acto de lectura pública, organizar un ciclo de conferencias sobre a escritora, realizar unha ofrenda floral ante o monumento á escritora na Praza Emilia Pardo Bazán, programar un percorrido urbano guiado polo Carballiño vencellado coa escritora e a celebración dun acto cultural ao aire libre, promovido por destacados persoeiros do ámbito nacional do teatro e da música. 

PUBLICIDADE