O Psoe de Ourense esíxelle ao vicepresidente da Deputación, que manteña a asignación do ente provincial a Mit

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense tamén lembra que este convenio foi negociado polo ex alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez Pérez, e o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, que acadaron no seu momento un acordo para que o investimento mínimo aportado polo ente provincial fose de 35.000 euros. “Un convenio estable, que se vería incrementado co paso dos anos, pero que agora vemos que non só non se vai incrementar, senón que se reduce de xeito escandaloso”, explica Gómez Pérez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o vicevoceiro dos socialistas na Deputación de Ourense e concelleiro en Ribadavia “é unha mostra máis do pouco aprecio que o señor Fernández lle ten a cultura na nosa vila e comarca” e critica que “namentres se aproba unha modificación de crédito de 20 millóns de euros para repartir cartos entre concellos amigos do presidente como se fose a pedrea de Nadal, se recorten partidas culturais en Ribadavia”.

Os socialistas non dan creto a que a propia Deputación de Ourense “recorte 5.000 euros a un dos maiores referentes culturais do país” e apunta a que “parece mentira esta forma de actuar do ente provincial, cando o propio Goberno central mantivo a súa partida de colaboración coa MIT, ampliándoa incluso e cun goberno municipal do Partido Popular”. Apuntan tamén dende o PSdeG-PSOE a que a Xunta de Galicia “tamén colabora cunha cantidade importante de 60.000 euros, que lonxe de quitala, entendemos que tamén a debería ir incrementando”.

Para Nacho Gómez esta situación non é nova, xa que segundo sinala o primeiro desleixo viviuse sendo César Fernández rexedor de Ribadavia “cando deixou a Banda Lira sen percibir unha subvención da Deputación”. Gómez sinala tamén que o Concello de Ribadavia “a pesar da crise, si mantivo a subvención nominativa a esta banda, así como a outras asociacións culturais, deportivas e veciñais da vila” e lembra que o novo goberno progresista de Ribadavia “si incrementou as partidas”. O deputado provincial do PSdeG-PSOE de Ourense tamén lle lembra a Fernández a súa promesa de “arranxar o problema da Banda Lira e doutras bandas da provincia” e denuncia que “a día de hoxe nada se sabe máis aló do fume ao que nos ten acostumado”.

Os socialistas critican tamén a retirada dunha aportación de 2.500 euros para gastos e funcionamentos da galiña azul de Ribadavia, polo que denuncian que esta actuación do vicepresidente, César Fernández, responde claramente a un “exercicio de bloqueo ao novo goberno municipal de Ribadavia como vinganza persoal pola moción de censura que o desaloxou da alcaldía”. Gómez finaliza sinalando que Fernández “non é consciente que o dano con estes recortes non llos fai ao goberno municipal senón a Ribadavia e as súas xentes, amosando que nunca lle importou o futuro da nosa vila”.