O Carballiño e O Ribeiro presentan o seu potencial enogastronómico en Xantar

Xantar 2023 pechou as portas da súa 24 edición, que se celebrou con importantes novidades que “viñeron para quedarse”. En total, a mostra rexistrou 17.000 visitas durante os catro días de mostra. O director da feira agradeceu aos 100 expositores de 5 países e aos 5 restaurantes ter realizado unha edición “de moi alto nivel”, destacando que esta cita “xa é moito máis que un lugar para vir xantar ou cear con menús completos e de calidade. En total, máis de 5.000 participantes visitaron as 2 aulas gastronómicas e a aula de cata comentada.

A nosa contorna ten especial protagonismo en Xantar, como cada ano. O GDR Carballiño-Ribeiro encárgase da difusión como destino enogastronómico. Trátase do grupo de desenvolvemento que máis festas gastronómico reúne.  

AVANTAR ACTIVIDADES

O seu stand é unha creación do recoñecido pintor carballiñés Juan Valcárcel, que representa unha comida familiar na que se amosan os produtos gastronómicos do noso territorio.

O pan de Cea tampouco faltou a esta mostra, como produto recoñecido con distinción gastronómica. Para eles, que participan dende o primeiro ano, foi unha edición de éxito.