O PSOE do Irixo pide o arranxo da estrada de acceso

O voceiro do grupo municipal socialista do concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de lamentar o estado da estrada de acceso os pobos de Barro e Río da parroquia de San Cosme de Cusanca

No dia de hoxe os socialistas veñen de presentar unha moción para o arranxo e mellora integral da estrada. Aseguran que xa son varias veces nas que pediron que se faga un estudo sobre a mellora das principais vías de comunicación do concello que dan acceso ás distintas parroquias

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que xa fai uns dez anos a veciñanza destes pobos xuntou as sinaturas da meirande parte dos propietarios dos terreos colídante a esta estrada para poder acometer un ancheado e rematar dunha vez ca lamentable situación destes accesos a Barro e Río.