O BNG de Ribadavia pide axilidade na ordenanza sobre o servizo de saneamento

O BNG chama a atención sobre que en 2016 rematou, logo de 20 anos, a actual concesión do servizo municipal de augas, dende entón préstase dito servizo por parte da empresa concesionaria en réxime de prórroga. Ante esta situación, piden ó goberno municipal a rematar a elaboración da ordenanza municipal sobre o servizo de saneamento e depuración de augas. 

Publicidade

Tamén pedirán que se realice un estudo de viabilidade económica da prestación directa do servizo municipal de augas e que se tramite a renovación da prestación do servizo municipal de augas, conxunta cun plan de investimentos en renovación e extensión das redes de abastecemento e saneamento do noso concello.