O ximnasio Madokoan do Carballiño é un dos pioneiros en artes marciais a nivel nacional e galego. Hoxe, o seu propietario, Claudio Mateo, fálanos deste deporte e das súas especialidades. Ademais, tamén nos achegamos para falar cos cinco rapaces e rapazas que adestran neste ximnasio e que gañaron a pasada fin de semana nove medallas en kickboxing.