O Inorde e a Cámara Municipal de Montalegre impulsan un proxecto piloto sobre a pataca de semente

Reunión en Montealegre (Portugal) Manuel Orlando Fernandes Alves (Presidente da Cámara Municipal de Montealegre), David Teixiera (VicePresidente da Cámara de Montealegre), Emma Gonzáez Diéguez (Xerenta do INORSE), Servando Álvarez Pousa (Técnico do Centro Agrogandeiro de Xinxo de Limia).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Inorde e a Cámara Municipal de Montalegre impulsan un proxecto piloto sobre a pataca de semente, así o acordaron na reunión mantida esta mañá na institución lusa representantes de ambas entidades. O presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, recibiu á delegación do Inorde conformada pola xerente e polo técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, Emma González e Servando Álvarez, respectivamente, nunha xuntanza na que tamén participaron o vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre, David Teixeira, e membros da Cooperativa Agrícola do Barroso.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A vontade da Cámara de Montalegre está a ser a recuperación desta actividade económica e social mediante o apoio e fornecemento da Cooperativa Agrícola do Barroso. Por elo, tendo en conta a relación do Inorde con esta institución e considerando o papel deste organismo no tecido agrícola da provincia de Ourense, “considerouse convinte a realización de actividades conxuntas para reflotar o cultivo da pataca de semente en Montalegre dende o punto de vista de que a posibilidade de que a principal comarca produtora de patacas de Galicia, a Limia con máis de 120.000 Tm anuais, puidera acceder de xeito vantaxoso a unha pataca de semente de boa calidade e producida a menos de 50 quilómetros, o que claramente reduciría os custos de transporte e almacenamento e permitiría aos agricultores ourensáns reducir os custos de produción”, explicou a xerente do Inorde.

Con este proxecto “conseguiríamos reforzar a economía circular e reducir a pegada de carbono da nosa produción”, sinalou Emma González. Así mesmo, esta actividade colaborativa conformaríase nunha perfecta simbiose transfronteiriza que reforzaría os xa existentes lazos entre arraianos.

As conversas e actividades colaborativas xa comezaron en campañas anteriores, sen embargo a situación pandémica que estamos a vivir condicionou a supresión de actividades previstas, tanto para o pasado ano como para a vindeira campaña, tales como formación, visitas de agricultores ourensáns ás fincas de cultivo, ensaios de campo nas fincas do Inorde, visitas a entidades de semente españolas, entre outras.

As relacións do Inorde coa Cámara Municipal de Montalegre son, sen dúbida, “moi favorables para ambas partes, tendo en conta o longo historial de colaboración institucional que mantemos desde hai tempo”, salientou David Teixeira, quen lembrou que a Cámara Municipal de Montalegre é socio preferente en moitos do proxectos INTERREG que o Inorde desenvolveu nos últimos anos ou está a levar a cabo na actualidade (e viceversa) en ámbitos como turismo, cultura, deportes, territorio e poboación, temas que centraron a relación entre ambas institucións de xeito continuado.

O territorio de Montalegre é fundamentalmente rural cunha economía que ten as súas raíces nunha gandería de alta calidade e nun aproveitamento do sector forestal intrinsecamente vinculado ás actividades silvícolas e de lecer. Historicamente, toda a zona representada por esta Cámara Municipal foi produtora de patacas de semente da alta calidade, pero os condicionantes dun mercado moi cambiante e as complicacións fitosanitarias asociadas á aparición de pragas causaron un paulatino abandono do cultivo.