O Secretario Xeral do Psdeg e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero visitou O Carballiño

Na súa visita ao Carballiño para reunirse co alcalde Francisco Fumega, o líder do PSdeG estivo acompañado polo secretario provincial, Rafael Villarino, a cabeza de lista por Ourense, Mariña Ortega e o segundo na lista, Juan Carlos Francisco, ademais doutros concelleiros socialistas do Carballiño e outros concellos da comarca. Gonzalo Caballero puxo en valor o traballo realizado polo concello do Carballiño durante esta crise, cun alcalde pendente das necesidades sanitarias, sociais e económicas da súa veciñanza.

VIDEO

Igualmente, trasladou o seu compromiso persoal coas necesidades do Carballiño se tras o próximo 12 de xullo lidera o Goberno galego, traballar para a cidadanía e liderar unha etapa de progreso.

Publicidade Premer na Imaxe


Pola súa banda, Francisco Fumega, asegurou que Gonzalo Caballero cumpre con fartura todos os requisitos para ser o presidente da Xunta que Galicia necesita.