Ispectores buscan a causa do lume que calcinou unha granxa con 23.000 polos onte en San Amaro

Un incendio declarado na tarde de onte nunha nave adicada á explotación de polos en Grixoa, San Amaro, calcinou por completo a edificación provocando a morte de todos os animais que estaban no seu interior, un total de 23.000 aves. Hoxe, autoridades medioambientais da Xunta de Galicia e a Garda Civil estudaban a zona, facendo un informe técnico e fotográfico para esclarecer as causas do lume, aínda incertas. Dende as 18:00 horas da tarde, cando se deu aviso ó 112, trasladáronse os bombeiros do Carballiño, que precisaron de varias motobombas para conter a virulencia das lapas. Cando chegaron, o lume estaba tan estendido que non se puido facer nada polos animais, e as labores concentráronse en que non se propagara pola zona.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE