A Orde do Camiño concede a “Medalla de Ouro” a Xose Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

O vindeiro mércores día 30, a Orde do Camiño de Santiago celebrará en Compostela unha xornada internacional de formato híbrido, na que está prevista a participación de representantes de 20 países. O programa abrirase coa conferencia impartida pola directora de Turismo de Galicia, Maria Nava Castro, quen abordará “Os retos do Xacobeo 2021-2022 #ante a situación da pandemia e a ampliación de datas”.


A segunda parte do programa contempla o nomeamento de “ novicios” procedentes de México, Francia, Cataluña e Galicia. Trátase de novos membros que dan o primeiro paso para entrar a formar parte da Orde, pois a investidura oficial realízase sempre, segundo os Estatutos desta entidade, durante a celebración dun capítulo xeral ou extraordinario.

AVANTAR ACTIVIDADES


Finalizará a xornada coa entrega da “Medalla de Ouro” ao director e compositor Xose Luís Foxo Rivas quen, á fronte da Real Banda, proxectou internacionalmente a música tradicional galega. Este proxecto de divulgación internacional é coincidente cun dos obxectivos da Orde que é o posicionamento do Camiño de Santiago en diferentes países. En determinados momentos tanto a Orde como a Real Banda estableceron sinerxias desde países como México.
O programa da xornada pódese consultar tanto na web www.ordendelcaminodesantiago.com como nas redes sociais desta entidade:

https://www.facebook.com/OrdenCaminoSantiago https://www.instagram.com/orden_camino_santiago/

PUBLICIDADE