O comité eleva a O Irixo e Cortegada a nivel alto de restricións e alivia a Maside ó medio-baixo

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Despacho do presidente. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 01/12/20.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu hoxe para dar conta das decisións tomadas polo comité clínico.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste xeito, Beade mantense coma o único concello de Galicia en nivel máximo de restricións, o que supón peche perimetral, peche de hostalaría e prohibición de reunións de non conviventes. O Irixo e Cortegada pasan a endurecer as restricións, subindo a nivel alto. Isto supón que a hostalaría so poderá atender en terraza con 50% de aforo.

O Carballiño e Ribadavia mantéñense en nivel medio, con aforo na hostalaría do 30% en interiores e do 50% en terraza. Maside abandona este venres o nivel alto e pasará ó nivel medio-baixo, o que supón a apertura da hostalaría en interiores co 50% de aforo e 75% en terraza.

A mobilidade está permitida para todos eles, salvo con Beade. E en canto ás reunións, están permitidas nun máximo de seis persoas en exteriores e de 4 en interiores e prohibidas en domicilios.

Ante esta situación fronte á Semana Santa, o alcalde do Carballiño tamén se pronunciou, pedindo responsabilidade e recomendando actividades ó aire libre, abundantes na nosa contorna.

PUBLICIDADE