Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo nos días festivos da Semana Santa un total de 144 dispositivos en 42 concellos galegos nos que foron tramitadas 53 denuncias.

En canto aos controis na provincia de Ourense, realizáronse 29 dispositivos nos concellos de Castrelo de Miño, Celanova, Cortegada, Ourense, Pereiro de Aguiar, Ramirás, Ribadavia, San Cibrao das Viñas e Taboadela, sen que se tramitara ningunha denuncia.

As denuncias foron por circular sen máscara, por fumar sen respectar a distancia de seguridade, por non ter en conta o toque de queda, por estar con persoas non conviventes en espazos nos que non estaba permitido e por non gardar o límite de ocupación e ter carteis de aforo.