Ourense descende o número de casos activos pero suma ingresos nos hospitais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 116 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.211, cun leve ascenso. A presión asistencial mantense mais ou menos estable, cun descenso de ingresos. Hoxe hai 33 (+1) persoas na UCI, e 176 (-11) ingresados nos hospitais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada volve a ser de descenso. Hoxe hai 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa en 5 casos ata os 141 casos totais. Os hospitais mantéñense mais ou menos estables, contando con 19 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (+1) na UCI.