O Mercado de Nadal de Maside xa é unha tradición que abre a programación festiva destas datas no municipio. A pesar da pandemia, o pasado ano foron moitos os que se achegaron para mercar agasallos, produtos locais e artesanais e tamén doces. Este ano, a iniciativa repítese, ca intención de manter o seu éxito. Terá lugar este domingo, día 19 de decembro, dende as 11:00 horas da mañá ata as 18:00 horas da tarde. E para rematar, os máis pequenos terán unha cita con Papá Noel, que se achegará ata Alameda para recoller as súas cartas.
VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV
