Comunicado do Bng de Berán sobre a Ruta Xacobea “Miñoto-Ribeiro”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Diante da publicación, por parte da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, do que será a proposta de recorrido da Ruta Xacobea “Miñoto-Ribeiro” e, diante da exclusión de Berán da mesma; desde o BNG de Berán queremos manifestar o seguinte:

  1. O paso do camiño sería un valor engadido para a divulgación e apertura do noso balneario. Sería unha boa forma de atrair a posíbeis empresas interesadas en explotar as nosas augas.
  2. O paso do camiño pola nosa parroquía supón un beneficio de incalculábel valor económico para os establecementos da nosa localidade.
  3. O paso do camiño suporía unha reactivación do turismo en Berán. Atraindo visitantes de todo o mundo, o que favorecería a apertura de novos negocios.
  4. O paso do camiño pola nosa localidade é unha reivindicación que diferentes asociacións e
    pequenos e pequenas propietarias de Berán veñen reclamando desde fai anos.
  5. Denunciamos o escurantismo co que esta asociación (da que forman parte diferentes concellos da comarca do Ribeiro) xestionou a confección do percorrido. Nesa elaboración non se tivo en conta o traballo que se leva feito por diferentes colectivos (de Berán e de fóra de Beran).
    Por todo isto, reclamamos ao presidente da Entidade Local Menor que defenda os intereses de Berán e exixa unha modificación do percorrido, onde se recolla o seu paso pola nosa
    parroquia, desde Caldelas ata Caldas.