Ribadavia facilitará a reforma de seis vivendas do casco histórico

Desde o Concello tiveron a semana pasada unha primeira reunión de traballo con responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xuntanza que continuará coa intención de que a Xunta adquira gratuitamente algunhas vivendas para a súa reforma. O goberno presentará unha proposta de bases públicas o antes posible para que o Pleno Municipal poida aprobalas neste mes de abril. Aseguran que xa hai veciños que amosaron o seu interese por algún inmoble, o que da optimismo para sacar adiante este proxecto.

Publicidade

Ademais, o antes posible, procederán a asegurar algúns muros e cornisas dos inmobles especialmente danados e que poden ocasionar un perigo para veciños.