A Policía Autonómica esclarece dous inendios, un en Melón e outro en Leiro

Axentes da Policía Autonómica de Ourense,  en colaboración co persoal do Distrito Forestal XI, esclareceron dous incendios forestais que tiveron lugar nos concellos Leiro e Melón, na provincia de Ourense.

Publicidade

Axentes da mesma sede de Ourense, esclareceron un incendio acontecido o día 30 de marzo, na parroquia de Orega, concello de Leiro, sendo afectadas 0,3 hectáreas de superficie rasa. O lume foi orixinado cando o presunto autor realizaba varias queimas de restos forestais sen a adopción de ningunha medida de seguridade o que posibilitou que o lume se propagara por toda a finca. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.

Na parroquia de Quins, no concello de Melón, rexistrouse o pasado 7 de abril un lume que afectou 0,04 hectáreas de superficie arbórea e polo que foi interrogado como investigado un veciño do lugar como presunto autor do incendio, que se orixinou cando o investigado estaba a facer unha queima de restos agrícolas sen gardar as pertinentes medidas de seguridade, o que favoreceu que as lapas se propagaran á parcela continua. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.

No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a nove persoas como presuntas autoras de incendios forestais.