A Xunta publica unha guía anti covid para os espazos termais

Ourense.8-12-2010. Local. Termas de Outariz con gran afluencia de gente. José Paz

A Xunta de Galicia vén de facer pública unha nova guía específica para os espazos e piscinas termais co obxectivo de facilitar o cumprimento das medidas anti-Covid19.

Publicidade

O documento recopila a normativa aplicable e orienta sobre as medidas a tomar, tanto nas instalacións como no seu uso, aportando recomendacións tanto de limpeza e desinfección, dos distintos espazos, como medidas habituais de protección durante a pandemia, como o uso de máscara e a distanza de seguridade, adaptadas as súas características.

As referencias e recomendacións serán equiparables ás das piscinas e, nalgún caso, ás das praias, posto que o tipo de instalacións son asimilables. Igualmente se seguirán sen     obviar o cumprimento da lexislación vixente nestes espazos para acadar o informe sanitario favorable para o seu aproveitamento lúdico.

A guía está dispoñible na seguinte ligazón web: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/783/GUIA_COVID19_ESPAZOS_TERMAIS.pdf

Medidas xerais de seguridad

En xeral será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos, e só se excepturá cando seu uso sexa incompatible coa natureza da actividade ou esta se desenvolva nun espazo determinado, sen desprazamentos e sempre que se poda garantir a distanza de seguridade interpersoal que será de 1.5 metros, e de catro metros cadrados por persoa nos vasos ou piscinas, entre persoas non conviventes.

Tanto en canto a cabida en vestiarios, zonas de ducha, vasos, piscinas ou outros espazos como no número de persoas por grupo, etc. estas medidas adaptaranse sempre as restricións vixentes en cada concello que se poden consultar diariamente en: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restriccions-concellos