A Deputación aproba preto de 126.000 € para cultura, servizos sociais e cooperación

Videoconferencia da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ó mes de marzo de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de preto de 126.000 euros en achegas nos ámbitos da cultura, servizos sociais e cooperación cos concellos. No capítulo cultural, deu luz verde a senllas subvencións para gastos de funcionamento ás fundacións Curros Enríquez, por valor de 26.000 euros, e Otero Pedrayo por importe de 35.000 euros, mentres que no ámbito dos servizos sociais aprobouse unha achega de 21.000 euros con destino á Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín.

No tocante a cooperación, o Concello de Castrelo do Val recibirá unha axuda de 9.866 euros para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo para as instalacións municipais. Ademais, o Concello de Muíños contará cunha achega de 34.000 euros para o cofinanciamento do plan IDAE 2020, de renovación do alumeado público.

AVANTAR ACTIVIDADES

Posteriormente, celebrouse a reunión telemática do Comité de seguimento do COVID-19, onde se analizou a evolución das cifras referidas á pandemia e dos datos correspondentes á modalidade de teletraballo que se desenvolve nos centros e instalacións da Deputación.