Tras a reunión do comité clínico O Irixo queda no nivel medio de restricións e Cortegada no alto

O comité clínico decide manter o nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Grove e A Pobra do Caramiñal

Tamén determina o nivel alto para os municipios de Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa

AVANTAR ACTIVIDADES

Os termos municipais do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño quedan enmarcados no nivel medio de restricións

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 16 de abril