Miranda destaca a importancia da instalación da nova sede da Uned no Centro Galego de Lisboa para impulsar a actividade do mesmo entre a mocidade

IES CHAMOSO LAMAS

O secretario xeral da Emigración participou na inauguración da segunda aula que a universidade a distancia española crea en Portugal, despois da do Porto

Dende a Xunta destácase que a colaboración entre administracións públicas españolas e entidades galegas do exterior permite ofrecer mellores servizos que permitan xerar máis prestacións que poidan incluso servir, coma neste caso, de impulso ao retorno

HIPER MASIDE

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da nova sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, en Lisboa, onde quedará instalada na entidade Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. No acto estivo tamén presente o reitor da UNED, Ricardo Mairal, o presidente do centro galego, Álvaro Moreira e o ministro-conselleiro da embaixada de España en Portugal, Juan Francisco Montalbán.

Tamén estiveron presentes neste acto, que se desenvolveu no Salón Leocadia Boullosa, a vicerreitora de Internacionalización da UNED, Laura Alba, así como do conselleiro de Educación da embaixada española, Mario Bedera e outros conselleiros desta institución, , a cónsul xeral de España en Lisboa, Victoria González-Bueno Catalán de Ocón, acompañados de representantes do Consello de Residentes Españoles na demarcación Consular de Lisboa, do presidente da Asociación de Empresarios galegos en Portugal, Francisco Guisado, e do presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, José Aser Castillo Pereira.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, destacou durante a súa intervención no acto a importancia deste tipo de colaboracións entre administracións públicas e entidades que agrupan os españois, e en particular, aos galegos do exterior, xa que permiten “ofrecer maior atención a nosa colectividade, e potenciar así as accións do propio centro de cara a atraer á mocidade. Ofrécense así novos servizos que lles dan importantes prestacións como, por exemplo, no caso da UNED, aportarlle unha titulación española, que mesmo pode favorecer ao retorno dos galegos que viven en Portugal”.

O responsable de Emigración da Xunta de Galicia agradeceu á UNED que contase coas entidades que agrupan a colectividade galega, como parte da española en Portugal, elixindo a este centro para a creación da súa nova sede na capital portuguesa, xa que “axuda de xeito claro a conectar cos españois no país que a través das institucións que historicamente os agrupan, e que naceron no seu día en beneficio da comunidade”.

A UNED conta tamén con outra sede en Portugal, situada no Porto.