O comité clínico anuncia as medidas que rexerán a “nova normalidade” en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do subcomité clínico.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou hoxe as medidas que rexerán a “nova normalidade”.

As actividades de interior, como tendas, academias, cultura ou lugares de culto, espectáculos e musicais, incrementan o aforo do 75 ao 90% e elimínase o límite de grupos en empresas e ximnasios. Elimínase o límite dun máximo de cinco mil asistentes para eventos de gran formato. Os albergues aumentan ó aforo ata o 75%.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na hostalaría: os grupos máximos aumentan a 10 persoas dentro e 20 fóra. En canto á capacidade, este novo protocolo permite aos locais cunha “cunchiña” pasar do 50 ao 75% en interiores e do 75 ao 90% ao aire libre. Nos que teñen dúas “cunchiñas”, pasa do 75 ao 90% en interiores e permanece ao cento por cento ao aire libre.

A vida nocturna mantén as medidas tamén en dous niveis, ata as 3:00 horas cunha cunchiña e ata as 04:00 horas e con certificado covid con dúas cunchiñas.

Todas estas medidas entrarán en vigor o sábado.