Alumnos de Turismo e Hostalaría de Pontevedra visitan o patrimonio do Carballiño

Vintecinco alumnos e alumnas de Centro Integrado de Formación Profesional de Hostalería e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, acompañados por tres profesoras e profesores, visitaron o Parque Etnográfico do Arenteiro e o templo da Veracruz, dentro dun programa de clases técnicas para coñecer os principais recursos e espazos turísticos do Carballiño.

Publicidade

Nesta visita guiada, á que asistiu o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, os alumnos poideron coñecer os espazos e recursos turísticos englobados no Parque Etnográfico do Arenteiro, como son o Muíño do Anxo, as pallozas do camping municipal, a Pena dos Namorados, o futuro museo da fábrica de papel, un tramo do sendeiro do Arenteiro, e o templo da Veracruz. Ao termo da visita, os estudantes xantaron nun restaurante da vila.

Nesta clásica práctica, os futuros técnicos de Hostalería e Turismo deste centro educativo de Pontevedra tamén visitaron o mosteiro de Oseira e o Centro de Interpretación Castrexa de San Cibrán de Lás, na comarca do Carballiño, así como otros lugares turísticos da provincia de Ourense, como o casco histórico de Ribadavia.